Info

Queres pagar con bizum ?

Envíanos unha mensaxe desde o formulario de contacto, un correo ou un watsap

gastos de envío a península 3,95 €

Recibirás un paquete preparado con mooooito cariño

envíos

Unha vez realizado o pedido enviarémosche un email coa confirmación de compra. Recibida a transferencia bancaria procederemos ao envío, que habitualmente recibirás no enderezo indicado dentro do prazo de 5 días hábiles seguintes á túa compra. Se tes urxencia en recibilo contacta con nosoutras.

Envíos gratuitos a Península por compras superiores a 60€, sempre que se envíen ao mesmo enderezo. En pedidos de importe inferior cobraranse 3,95€ de gastos de envío a Península. Para envíos a Illas (Baleares, Canarias), Ceuta, Melilla ou resto de Europa por favor enviádenos un correo 🙂

DEVOLUCIÓNS

Podes devolver calquera artigo dentro dos 7 días naturais seguintes desde a entrega do produto. Debe estar novo, sen uso, coas etiquetas e envoltorios orixinais. Ponte en contacto con nós para a devolución do produto. Unha vez recibido o complemento en perfecto estado procederemos á devolución do importe. En caso de devolución non se reembolsan os gastos de envío, nin se asumen os gastos de devolución, a non ser que a peza estea defectuosa.

Para artigos personalizados non se aceptan cambios nin devolucións.

IMPORTANTE: non nos responsabilizamos da devolución ata que non sexa recibida no noso taller. Recomendámosche que sexa envío certificado ou por mensaxería e conserves o comprobante.

materiais 

PRATA

Para evitar alerxias todos os ganchos dos nosos pendentes son de prata 925 ou prata de primeira  lei, que é a que posúe un mínimo de 92,5% de prata (a non ser que non haxa espazo podes ver o selo 925  nas nosas pezas). A prata é un metal precioso, polo que desconfía das pezas de prata con prezos moi baixos. Os nosos provedores de prata son talleres españois.

No caso de que a peza teña un acabado color ouro é prata 925  bañada en ouro. 

Parece contraditorio pero canto máis pura é a prata máis rapidamente perde o seu brillo, isto é debido a que está menos radiada. Os motivos que explican por que escurece:

  • Telas expostas en contacto co osíxeno
  • Dependendo do ph da túa pel as túas pezas de prata poden escurecer en maior ou menor medida, tamén cando este PH está alterado pola inxesta de medicamentos, enfermidades, etc
  • Augas con contido de azufre elevado ( non esquezas sacalas sempre se vas a un balneario de augas sulfurosas)
  • Contacto con axentes químicos (limpeza, cosmética, etc)
 
Pero este inconveniente é menor tendo en conta que a prata é un metal precioso, que cun coidado mínimo dura para sempre, e que cun mínimo mantemento enseguida recupera todo o seu brillo e esplendor.

 

PRATA BAÑADA EN OURO

As nosas pezas bañadas en ouro teñen esa apariencia,  pero loxicamente son moito máis económicas.  Cando falamos de baño de ouro temos que falar de micras, que é o espesor da capa de ouro que aplicamos sobre a xoia. Canto maior sexa este espesor (máis número de micras) , máis ouro contén a xoia e polo tanto, máis elevado será o seu prezo e a durabilidade da peza.

Procura que non entre en contacto con materiais con químicos como lacas, perfumes, champús… pois alterarían  a súa cor. Tamén o PH  da pel, se é ácido, a modifica.

Limpa estas pezas cun trapiño húmido en xabón neutro e sécaas moi ben, mesmo cun secador para que non queden restos de humidade.

COIDADOS

  • Ollo cos perfumes, cremas corporais, aceites, etc  Espera a que a pel estea completamente seca antes de poñer a túa xoia, xa que  se non é así pode alterar o seu brillo ou deteriorala a medio ou longo prazo.
  • Dependendo do ph da túa pel as túas pezas de prata poden escurecer. O mellor para limpar a prata son as toalliñas ou gamuzas impregnadas en limpador. Con elas  non perxudicarás a pedra. Tamén cun xabón neutro e un trapiño, secando ben despois.
  • O ideal é gardar cada peza de xeito individual dentro dunha caixa ou xoieiro; pode ser dentro dunha bolsa plástica cun cerre hermético ou bolsiña de tea. Se ademais teñen unha pedra natural o ideal é envolvelas dentro dun papel de seda ou bolsilla de tea.
  • No caso das pedras preciosas é complicado xeralizar porque depende da súa dureza, do seu grao de porosidade, etc. así que para non complicarte pásalle un paño suave, ou se ten menos brillo cun pouco de auga morna e xabón PH neutro, secándoa moi ben.
  • Para non perder os brincos son moi útiles os topes de silicona; como nos fastidia ver brincos solitarios no noso xoieiro!
  • Aínda que estea extendido o hábito de limpar as pedras con auga e sal marina, nós non somos moi partidarias, pois dependendo da pedra pode absorver esta composición e variar a súa cor.