quen somos
Da paixón polas pedras preciosas, e da vontade de crear pezas de xoiería artesanal, singulares, case sempre únicas, realizadas con distintos materiais, naceu hai máis de 15 anos, da man de Cruz López, Planeta Tres Zetas. A filosofía é sinxela, navegar contra a corrente da produción en masa, globalizada, impersoal e sen esencia .
Materias para reciclar como papel ou vidro forman parte da nova liña da nosa marca, porque empatan moi ben co noso xeito de estar no mundo: feminista, en galego e sostible.
Xiana, xornalista de profesión e autora do blog A mirada de Wendy incorpórase a este proxecto en 2020
Nada nos produce máis pracer que ver as pezas que creamos en mulleres coma vós.
Para coñecernos mellor: Nós en Nós Diario
+
0
Anos inspirándonos
+
0
Nubes contempladas
+
0
Clientas felices
o pensamento deste mes
Aspiremos a construír como fan as aves os seus niños
Augusto Metztli, do libro Huacal